CAMPAÑA NADAL 2016

As actividades levadas a cabo no Nadal de 2016, foron moitas e de moi diversa índole, de xeito que tódolos asociados puideron participar dun xeito ou doutro. Cabe destacar tamén a colaboración do concello de Ourense en distintas campañas, nunhas facendo achega de material ou ben colaborando no alumeado.

 

AMBIENTACION DO NADAL:

Quixemos denominar así a posta das luces e mas os adornos de Nadal que se repartiron entre os socios. Neste senso as  actuacións levadas a cabo forno as seguintes:

1.- As rúas do Couto engaláronse grazas  CCA Couto Centro e o Concello de Ourense. En total 70 elementos luminosos e 20 rúas iluminadas que fixeron que este Nadal fose o máis decorado de tódolos anos. Coa colaboración do concello de Ourense, que aportou unha parte económica, que non esta incluída na factura de xustificación.

2.- Os comercios adheridos que o solicitaron, recibiron unha ou duas árbore natural adornada, como iniciativa de apoio á actividade local.

Esta actuación tivo lugar dende o 15 de decembro ata o 7 de xaneiro do 2017.

OBRADOIRO DE VELAS

Os días 12, 13 e 14 de Decembro celebrouse na Asociación de Veciños do  Couto un obradoiro de velas artesanais . Os talleres tiñan unha duración de duas horas e media

CONCERTO DE EMILIO RUA

Na capela do Santo Anxo o día 19 de Decembro as 19.00 horas tivo lugar un concerto en formato piano, guitarra e voz, da man do artista Emilio Rua. Os nosos asociados disfrutaron de boa música nun lugar  emblemático do noso barrio

 

ANIMACION MUSICAL NAS RUAS

Animación na rua Ervedelo con Dalí da man do grupo priscila , con versison para o Nadal, facendo así que o barrio vivira un ambiente navideño.

Esta actuación tivo lugar o día 20 de Decembro.

 

PAPA NOEL NO BARRIO DE O COUTO:

Animación itinerante na rúa a cargo da compañía “TROULA” co ánimo de levar o espírito do Nadal e alegría aos nenos do barrio do Couto, Papá Noel saíu polas rúas do barrio facendo as delicias dos mais pequenos.

Tivo lugar o longo do dia 22 de decembro de 2016.

Cartel empregado na campaña

 

Arboles decoración tendas

 

   

Concerto Emilio Rua

   

Concerto Prisicla na rua

   

Imprimir Correo electrónico