CAMPAÑA DE “SAN VALENTÍN”

Para dinamiza-lo comercio no barrio de O Couto nestas datas, creamos a campaña do Día dos Namorados, que premiou aos clientes que realizaron as súas compras nos establecementos asociados ao CCA Couto Centro na semana previa o 14 de febreiro.

Por cada compra, os clientes encheron un dos boletos para participar no sorteo de 4 ceas para dúas persoas que tiveron lugar o sábado día 18 de febreiro no Restaurante “El Coto”, onde gozaron da mellor comida e do mellor ambiente. O sorteo realizouse o día 14 de febreiro no local da asociación.

Ademáis das ceas, tamén se fixo un sorteo dunha estancia nun balneario de 4 estrelas, con pensión completa e tratamentos termais incluidos para duas personas, e así poder disfrutar dunha estancia en parella e poder festexar esta data tan sinalada

Esta actuación tivo lugar dende o 3 ata o 14 de Febreiro

   

San Valentín

 

   
   

Catro dos gañadores do sorteo de San Valentín

Imprimir Correo electrónico